Nós mesm@s somos froito de todos os erros cometidos durante este anos. Ainda que claro, con tanto [erro], algo tivemos que facer ben!
O noso principal obxectivo e realizar actividades educativas que resulten verdadeiramente significativas adaptándoas as necesidades dos nosos alumn@s.
Desenvolvemento Educativo
Fomentan hábitos de vida saudable e favorecen o desenvolvemento cognitivo e psicomotor.
Noticias Destacadas
Elementos principais
Todos os nosos servizos e actividades están formados por catro elementos
Organizamos obradoiros interactivos, acompañados de música, nos que conviven actividades tradicionais, actividades relacionadas coa cultura urbana, xogos e diferentes dinámicas de grupo.
A creatividade é unha capacidade vital para o ser humano. É a que nos permite crear ou inventar novos obxectos ou estratexias para adaptarnos mellor ao mundo que nos rodea.
En Gazapo non paramos de aprender. Ademáis da continua formación dos nosos compañeiros/as ofrecemos unha serie de cursos/experiencias dirixidos a todos/as os membros da familia.
A activación e o fomento de hábitos de vida saudables son fundamentais en todas as etapas da vida. É por isto que ofrecemos unha ampla serie de actividades adicadas a alcanzar estes obxectivos.
Preguntas Frecuentes
As nosas actividades están destinadas a usuarios/as de todas as idades , aínda que ás veces, algunhas delas, estan destinada para un público en concreto. Toda esa información atoparala en cada un dos seus apartados en [actividades].
Si , o noso centro está adaptado ao 100% e o noso persoal conta coa formación necesaria. As actividades que realizamos fora do noso centro están condicionadas polo espazo que nos ceden para realizala e pola natureza da mesma.
Si , ata certo punto. Nas actividades do noso centro sempre ofreceremos varias posibilidades para favorecer a conciliación familiar.Sen embargo, as actividades que realizamos para outras entidades están supeditadas aos horarios que elas establecen.
En [gazapo] desenvolvemos actividades interxeneracionais que permiten a participación dos pais/nais convertindose nunha opción de conciliación moi significativa. Pero cando as actividades están deseñadas solo para nenos/as, o acceso dos pais/nais non está permitido.
Nós apostamos por utilizar a nosa propia metodoloxía, que bebe de moita fontes.O que si temos moi claro é que os erros son un elemento fundamental no proceso de ensinanza aprendizaxe, que temos que buscar sempre producir aprendizaxes significativos, atendender ás necesidade e características individuais de cada un/nha dos nosos/as alumnos/as e axudarlles a comprender o mundo que os/as rodea.
Por suposto [gazapo] conta cun RC que subre todas as súas actividades.